ESPECIALISTA EN PSIQUIATRIA EN SANTIAGO

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) necesita incorporar Médico/a Especialista en Psiquiatría para a realización de valoracións clínicas da discapacidade de maneira esporádica na Rede Clínica de ATAM situada en Santiago de Compostela.
Requisitos mínimos:
- Licenciado en Medicina con especialidade en Psiquiatría (Psiquiatra) co MIR finalizado
- Experiencia de polo menos 4 anos en ámbito clínico, relacionado con discapacidade e dependencia especialmente en valoración, diagnóstico e intervención con persoas con discapacidade intelectual e trastornos psíquicos.
- Bo manexo do Paquete Office
Valorarase:
- Estar en posesión do Certificado de Discapacidade
- Experiencia laboral en fundacións, asociacións, centros, relacionados coa discapacidade.
- Experiencia en psiquiatría infantil.
- Manexo do programa Navision
Ofrécese:
- Retribución por acto médico.
- Xornada de traballo flexible e compatible con outros postos.
As persoas interesadas no posto, por favor remitan ou seu currículo ao correo a través da páxina web de COGAMI www.cogami.galwww.cogami.galwww.cogami.galwww.cogami.galwww.cogami.galwww.cogami.galwww.cogami.gal www.cogami.gal www.cogami.galwww.cogami.gal www.cogami.gal no apartado TRABALLA CON NÓS