XUNTA ELECTORAL

COMUNICADO da Xunta Electoral das eleccións ao ILTE. COLEXIO OFICIAL DE MÉDICOS DA CORUÑA (COMC), expondo o CRONOGRAMA das reclamacións formuladas pola candidatura encabezada por D. Abel Vázquez González e as resolucións da Xunta Electoral.

  • Reclamación inicial de D. Abel Vázquez González (dirixida vía mail aos membros da Xunta Electoral), de data 9 de outubro de 2019.
  • Resolución da Xunta Electoral de data 10 de outubro de 2019, desestimando dita reclamación (notificada por burofax o 14 de outubro de 2019).
  • Reclamación de D. Abel Vázquez González, de data 11 de outubro de 2019 (presentada ante a Xunta Electoral, por rexistro de entrada). Esta reclamación é reprodución literal da formulada o 9 de outubro de 2019.
  • Escrito de D. Abel Vázquez González de data 28 de outubro de 2019, formulando reclamación contra o proceso electoral.
  • Escrito de D. Abel Vázquez González de data 28 de outubro de 2019 renunciando como candidato ás eleccións do COMC.
  • Acordo da Xunta Electoral de data 28 de outubro de 2019 proclamando electa a candidatura de D. Luciano Vidán Martínez.
  • Comunicado da Xunta Electoral de data 28 de outubro de 2019 destacando a legalidade do proceso electoral.
  • Resolución da Xunta Electoral de 29 de outubro de 2019 desestimando a reclamación formulada por D. Abel Vázquez González o día anterior (recibida por burofax o 2 de novembro de 2019).

Na Coruña, a 4 de novembro de 2019