Novas

CONVENIO COLABORACIÓN CONSELLERÍA DE SANIDADE, SERGAS Y COLEGIO DE MÉDICOS PARA USO RECETAS EN FORMATO PAPEL PARA MÉDICOS JUBILADOS

Informámoslles que no día hoxe asinouse o convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, ou Servizo Galego de Saúde e o Colexio de Médicos da Coruña para a utilización de receitas oficiais do servizo galego de saúde, en formato papel, polos/as profesionais médicos/as xubilados/as, que prestasen servizos na sanidade pública asistencial galega.

Así mesmo, deixámoslle ligazón ao convenio
o,
pulsar aquí.

O CONSELLO XERAL INTERPÓN RECURSO DE ALZADA Á RESOLUCIÓN POLA QUE SE VALIDAN As GUÍAS PARA INDICACIÓN, USO E AUTORIZACIÓN DE DISPENSACIÓN DE MEDICAMENTOS SUXEITOS A PRESCRICIÓN MÉDICA POR PARTE DO PERSOAL DE ENFERMERÍA

O Consello Xeral de Médicos recorreu en alzada ante a Secretaria de Estado de Sanidade, as últimas guías para a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos
suxeitos a prescrición médica por parte de enfermería, aprobadas por Sanidade.

A corporación entende que a redacción das guías pode provocar un problema de invasión de competencias no desenvolvemento destas por parte das diferentes Comunidades Autónomas. Neste sentido, o recurso de alzada persegue garantir a máxima seguridade do paciente, obxectivo prioritario da profesión médica do Consello Xeral de Médicos. A administración dispón de 3 meses para resolver o recurso de alzada.

Unha vez que se resolva o recurso de alzada, ben de maneira expresa ou por silencio administrativo, valorarase o inicio da vía xudicial.

RESOLUCIÓN DO 30 DE XUÑO DE 2022, DA DIRECCIÓN XERAL DE SAÚDE PÚBLICA.

RECURSO DE ALZADA DO CONSELLO XERAL DE COLEXIOS DE MÉDICOS

GARDAS DOS R4 DE MEDICINA FAMILIAR E COMUNITARIA

O Consello Galego de Colexios Médicos celebrou onte unha reunión co conselleiro de Sanidade, o Xerente do Servizo Galego de Saude e o Director Xeral de Asistencia Sanitaria. A reunión tivo, como tema principal, as gardas dos R4 de medicina de familia.

Preocupados pola instrución dada polo Sergas e, #ante a posibilidade de que quedasen sós nos PACS asignados, a Conselleria garantiunos que en ningún caso o MIR quedará só e sempre estará acompañado por un médico titor ou colaborador titor.

Unha vez alcanzado este compromiso, agradecemos que en caso de incumprimento desta directriz e se algún residente queda só no PAC, notifíqueno ao Colexio Médico.