VALIDACIÓN PERIÓDICA DA COLEXIACIÓN
- Venres, 29 Setembro 2017
Que é?
A Validación Periódica de Colexiación (VPC) non é máis que un tipo de certificación na que un ente certificador, os Colexios de Médicos, avalía e recoñecen a boa praxe profesional, a saúde, a actividade laboral e o adecuado Estado Psicofísico e o Desenvolvemento Profesional Continuo dos médicos para o exercicio da profesión.
É un proceso de re-colexiación dos médicos que exercen actividades de carácter asistencial e cuxo fin último é a seguridade tanto do paciente como do propio médico.
Para solicitar a Validación Periódica da Colexiación os interesados deberán ter, polo menos, 6 anos de exercicio profesional.
Documentación necesaria
Aptitude psicofísica. O médico debe achegar un certificado médico oficial ou un certificado de aptitude psicofísica realizado por unha unidade de saúde laboral. No caso do certificado médico oficial valería con que se acredite a ausencia de enfermidade.
Empregador. Servizos Prestados: O solicitante debe achegar un certificado de servizos prestados, expedido pola empresa na que presta servizos. En caso de profesionais que soamente traballan en sanidade privada poderán achegar:
- Conta allea: Informe da empresa para a que traballa
- Conta propia: Alta no IAE, RETA ou Mutual Médica
Para validarse ten que ser usuario rexistrado na nosa web, despois de rexistrarse pode acceder
Caixa de queixas e reclamacións de cidadáns
- Luns, 23 Febreiro 2015
- Martes, 18 Decembro 2012
Xanela Única
A xanela única constitúe o agrupamento de todolos trámites e servizos diferentes que ofrece o colexio, tanto para usuarios colexiados como para o resto de cidadáns.