Como estes últimos tempos por estas datas, imos renovar as actividades de Xadrez no Colexio neste novo curso 2023-24, para o que contactamos co noso colaborador e profesor do pasado curso, Sr. Jacobo Caselas, como sabedes Mestre Internacional de Xadrez.
Imos repetir a actividade de xadrez destes anos no Colexio Médico, para todas as idades: nenos, nenas, adolescentes, adultos e persoas seniors, unha vez coñecida a súa dispoñibilidade de días e de horarios para o Colexio.
Basicamente, ofreceunos, as mesmas opcións que o ano pasado:
• Clases para Nenos/nenas e adolescentes:
Venres
Grupo 1:
• de Iniciación: de 17:15-18:15h (1h./semana)
• perfeccionamento: de 18:30 a 19:30h (1h/semana)
Aulas separadas
Grupo 2:
• de Iniciación: de 18:30-19:30h (1h./semana)
• perfeccionamento: de 18:30 a 19:30h (1h/semana)
Aulas separadas
Sábado:
Grupo 3:
de Iniciación e perfeccionamento: 10:30-11:30
• Adultos:
xadrez 0-0 de iniciación Maiores:
•Venres: unha soa quenda (16-17h)
xadrez de perfeccionamento Maiores
• Sábados. 12 – 13:30
• Honorarios: 30€/mes. (Desconto por 2º irmán 25€)
O Colexio, como sempre, subvenciona nunha porcentaxe do 50% os custos dos cursos.
As características das clases de xadrez que ofrece o Colexio, están abertas á participación de calquera colexiado/a en activo ou xubilado/a, así como de cónxuxes, amigos do colexiado/a participante, pero basicamente estano, á participación dos nenos/as.
As virtudes do xadrez, a calquera idade son dabondo coñecidas, pero, nos nenos, son especialmente relevantes: está considerado dunha enorme utilidade como ferramenta pedagóxica. E, no adulto maior, senior, está comprobado, sen ningunha dúbida, a súa contribución á prevención da perda de memoria.
Lémbrovos as palabras que sempre tomo prestadas do coñecido divulgador de leste xogo-deporte-ciencia, Leontxo García, sobre os VALORES que transmite:
[…] a autocrítica, o saber gañar e perder, a empatía, o autocontrol, control do primeiro impulso, a disciplina, a adaptación á contorna, ao escolar, ao alumnado, aos docentes, o control do tempo, a xestión do tempo, o pensamento flexible, que é unha calidade importantísima no século XXI…
Aqueles de vós que desexedes apuntarvos debedes comunicarllo ao Colexio polas vías habituais:
mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., ao tlf - 981.29.58.99 (mañás) e na páxina WEB do COMC, pulsar aquí.
Debendo facelo se é posible antes do próximo 30 deste mes de setembro.
Comezo das Clases: o Venres día 6 de outubro
Didáctica:
➢ Iniciación: ensinarase a mover as pezas e a coñecer as tácticas básicas. Diversificarase con xogos de estratexia e procuramos que practiquen con outros alumnos.
➢ Perfeccionamento: Ensinamos estratexias, finais e aperturas.
Lugar de impartición das clases:
As clases impartiranse nos locais da Escola Técnica de Xadrez
Dirección: Av. Rubine 31 (local Air Hostess)
Pódese probar unha clase sen compromiso (avisar antes)
Monitores con experiencia e titulados pola Federación. (Jacobo Caselas, Mestre Internacional de xadrez)
Contacto: Jacobo Caselas 626018013 Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.