MANIFESTO SOBRE OS PROBLEMAS DESTE VERÁN DA ATENCIÓN PRIMARIA

Categoría: Novas
Publicado o Xoves, 09 Agosto 2018
Escrito por Administrador

No contexto dos problemas que este verán se están dando na Atención Primaria do SERGAS, o Consello Galego de Colexios Médicos quere manifestar o seguinte:

1) O seu máximo recoñecemento ao labor dos médicos e profesionais sanitarios que en situacións de sobrecarga en demasiados momentos, están a dar unha resposta asistencial de calidade e compromiso cos pacientes.

2) Aínda que é certo que existe escaseza de médicos, esta non pode ser a única resposta da Administración aos problemas e demandas. Durante estes anos desde os Colexios, Sociedades Científicas e outras instancias fixéronse propostas para diminuír estas carencias que non foron tido resposta.

3) Ademais, desde a Dirección de RRHH do SERGAS non houbo nin hai unha reacción suficiente para tomar as decisións e medidas necesarias para fidelizar e atraer aos novos especialistas, nin para aproveitar ao máximo os recursos dispoñibles con ofertas razoables aos médicos en persoal, que permitan a máxima cobertura posible nos dispositivos asistenciais tanto en actividade ordinaria como urxente.

4) Sen cambios rápidos e contundentes na política de RRHH que transcendan as barreiras administrativas -que nunca poden estar por encima das necesidades reais- os problemas na Atención Primaria de Galicia multiplicásense a curto e a medio prazo. Outras CCAA do Estado están a implementalos xa.

5) O Consello Galego de Colexios Médicos volve porse a disposición da Consellería para achegar propostas e participar nun plan urxente que permita a sustentabilidade e o mantemento da calidade asistencial na A.P. de Galicia.