Novas

CONVOCATORIA V CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

O Colexio Oficial de Médicos da Coruña organiza o V Concurso de Postais Do Nadal destinado a fillos e netos de colexiados e persoal da institución, co fin de ser a imaxe coa que se felicite a colexiados, provedores, e a todas aquelas persoas e institucións relacionadas co COMC.

DESTINATARIOS

Poderán participar neste concurso todos os fillos e netos de médicos colexiados na provincia da Coruña e do persoal do COMC que teñan entre 4 e 12 anos.

MODALIDADE DOS TRABALLOS

Motivo: os debuxos que se presenten deberán estar relacionados co Nadal.
Tamaño: A4
Técnica: A técnica e os materiais de libre elección polo participante.

CATEGORÍAS

Concederanse tres premios para as seguintes categorías:

De 4 a 6 anos
De 7 a 9 anos
De 10 a 12 anos

PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS E DATA DE ENTREGA

Cada participante só poderá presentar un traballo.

Todos os traballos terán que ir acompañados coa ficha de inscrición ao concurso cumprimentada, que se adxunta a estas bases.

Os debuxos que opten ao concurso enviaranse escaneados ao correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e no asunto ten que figurar “CONCURSO POSTAL NADAL 2022”.

A data límite para a recepción dos traballos será o 12 de decembro de 2022.

PREMIOS

Os debuxos premiados recibirán un diploma e un obsequio. Entre eles elixirase o traballo que será a felicitación do Nadal institucional que o Colexio Oficial de Médicos da Coruña enviará aos seus colaboradores, entidades, e institucións públicas e privadas.

XURADO

O xurado cualificador do certame está composto por diferentes membros da Xunta de Goberno.
Os premiados serán informados por vía telefónica ou correo electrónico.

CESIÓN DE PROPIEDADE E DEREITOS

O Colexio Oficial de Médicos da Coruña reservarase todos os dereitos de propiedade e de uso dos debuxos premiados. Todos os participantes garantirán a veracidade da autoría das postais enviadas.

ACEPTACIÓN

A participación neste concurso implica a aceptación íntegra do recolleito nas presentes bases.

PROTECCIÓN DATOS PERSOAIS

Os datos recolleitos a través do formulario de participación, serán tratados de conformidade coas bases do concurso, non cedéndose ou comunicándose os mesmos a terceiros.

FORMULARIO INSCRICIÓN

TALLERES PARA REDES SOCIAIS PARA MÉDIC@S

Con estes Talleres Prácticos de Redes Sociais para Médic@s ensinarase aos asistentes para comprender e a utilizar as funcións das principais redes sociais, partindo do panorama socio-dixital actual e continuando co manexo de cada rede social dunha maneira máis práctica. 

Así, o curso dividirase en 4 talleres (90 min de duración cada un): 

22 de novembro de 18:00 a 19:30h.
Ecosistema dixital

Primeira sesión na que repasaremos o ecosistema dixital esbozando as principais redes sociais e o seu uso hoxe en día.

23 de novembro de 18:00 a 19:30h.
Twitter: a rede de microblogging

Veremos en detalle esta rede tan versátil e que se presta a darlle un uso profesional e para a inmediatez informativa. Crearemos unha conta, xeraremos conversación, e aprenderemos trucos e funcionalidades para sacarlle o maior partido. 

29 de novembro de 18:00 a 19:30h.
Linkedin: a túa traxectoria na internet

Linkedin é considerada a rede social profesional por excelencia. Nela podes ter o máis parecido a un currículo dixital, pero tamén serve para facer contactos profesionais, establecer sinerxias laborais e unha infinidade de aplicacións para a contorna profesional.

30 de novembro de 18:00 a 19:30h.
Facebook e Instagram: o contido manda

Seguindo a liña teórico-práctica de anteriores sesións, repasaremos estas dúas redes que, aínda que a priori o enfoque pode ser máis persoal, tamén teñen as súas posibles orientacións profesionais.

 * Material necesario por asistente: un dispositivo dixital –preferiblemente Tablet ou portátil (podería valer un smartphone)– con conexión a internet.

AFORO LIMITADO

FORMULARIO INSCRICIÓN

Luciano Vidán seguirá á fronte do Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña

Luciano Vidán continuará sendo presidente do Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña o próximos catro anos. Reunida esta tarde, a Xunta Electoral ha proclamado electa a candidatura encabezada por el, que foi a única que se presentou. Por tanto, tal e como estipula o regulamento electoral do Colexio, os integrantes da lista quedaron proclamados electos sen que proceda votación algunha. Tomarán posesión do seu cargo no próximos quince días.

A Xunta Directiva colexial queda conformada por:
• Presidente: Luciano Vidán Martínez.
• Vicepresidente primeiro: Francisco Javier de Toro Santos.
• Vicepresidenta segunda: Azucena Prieto Zapico.
• Vicepresidente terceiro: Enrique Castelló Leal.
• Secretario xeral: Vicente Javier Prieto Cebreiro.
• Vicesecretaria: Ana María Álvarez Castro.
• Tesoureiro-Contador: Ramón Antonio Calviño Santos.
• Vogais:
· Marta Vidal Seoane.
· Raquel Marzoa Rivas.
· Mercedes Ferreira Bouza.
· María Enriqueta Rivas Lombardero.
· María Rosaura Leis Trabazo.
· Manuel Pedro Bustamante Montalvo.
· Elena Fernández Fernández.
· Guillermo Virgilio Debén Ariznavarreta.
· Laura Bermejo Abascal.
· Bernardo Seoane Díaz.