Novas

HORARIO DE VERÁN

Indicámoslles que o horario do Colexio é de 9:00 a 15:00 horas nas nosas sedes da Coruña e Santiago.
Ferrol permanecerá pechado os meses de xullo e agosto.

ROSA ARROYO, MEDALLA DE OURO E BRILLANTES DO COLEXIO MÉDICO DA CORUÑA

A Xunta Directiva do Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña decidiu, por unanimidade, a proposta da Comisión de Honras e Premios, conceder a Medalla de Ouro e Brillantes da institución á doutora Rosa Arroyo Castillo, unha facultativa “excelente, solidaria, comprometida co profesionalismo médico, firme defensora da medicina baseada na evidencia e oftalmóloga de recoñecido prestixio”, como recolle a acta de concesión.

O galardón seralle entregado no transcurso do XV Encontro Médico, que se celebrará o próximo 17 de xuño na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela.

COMUNICADO DO CONSELLO GALEGO DE COLEXIOS DE MÉDICOS DE GALICIA

O Colexio oficial de Médicos da provincia da Coruña apoia as reivindicacións dos facultativos expostas ao Sergas.

Moitas delas, xa hai anos que as vimos demandando á Consellería de Sanidade, en canto parte integrante do Consello Galego de Colexios Médicos, desde o seu perfil de representación institucional da profesión médica, obtendo escasa resposta e, en xeral, insuficiente e tardía.

O Colexio non convoca folgas, mantén, como non pode ser doutra maneira, o apoio a todas as reivindicacións dos profesionais que redundan nunha mellor asistencia sanitaria para os cidadáns.

Compartimos a continuación o comunicado feito público polo Consello Galego de Colexios Médicos:
https://comc.es/es/comc/noticias/notas-de-prensa/2609-nota-prensa-consello-galego-huelga-facultativos