RECOMENDACIÓNS SOBRE O USO DAS RECEITAS MÉDICAS

O Real Decreto 1718/2010, do 17 de decembro, sobre receita médica e ordes de dispensa establece o marco xurídico para as receitas médicas e as ordes de dispensa que posibilita afondar na mellora do uso racional dos medicamentos, nos ámbitos público y privado, e que contribúe a simplificar a tarefa dos profesionais sanitarios e reforzar as garantías dos cidadáns.

Lémbrase que no artigo 5.a) 1º establécese que en cada receita médica se poderá prescribir só un único envase de un medicamento, coas excepcións previstas nos apartados 2º e 5º as calas non aplican as fórmulas maxistrais.

As condicións de prescición das fórmula maxistrais e dos preparados oficinais recóllense no artigo 5.5ª) 3º deste reala decreto e neste sentido, indica que as fórmulas maxistrais e preparados oficinais non poderán prescribirse conxunamente nunha mesma receita con otros medicamentos e que en cada receita só se poderá prescribir unha fórmula maxistral ou un preparado oficinal.

Por outra banda, no artigo 5.5c) 2º no relativo á duración do tratamento, establécese que no caso de pacientes con tratamentos crónicos de medicamentos suxeitos a prescrición médica de dispensa renovable podéranse cumprimentar, simultáneamente, as receitas que sexan necesarias co límite máximo establecido coa mesma data de prescrición nas que constará a data prevista de dispena que corresponda a cada una das receitas.

Esta administración ven detectando que é frecuente atopar receitas nas que se prescribe mais dunha fórmula maxistral ou que se prevé tratamento con máis dun envase sen que se emita unha receita por envase. Por conseguinte, cómpre lembrarlles aos seus colexiados a obriga de prescribir as fórmula maxistrais segundo os requisitos indicados no artigo 5 do Real Decreto 178/2010 de decembro.
 
O secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade