GARDAS DOS R4 DE MEDICINA FAMILIAR E COMUNITARIA

O Consello Galego de Colexios Médicos celebrou onte unha reunión co conselleiro de Sanidade, o Xerente do Servizo Galego de Saude e o Director Xeral de Asistencia Sanitaria. A reunión tivo, como tema principal, as gardas dos R4 de medicina de familia.

Preocupados pola instrución dada polo Sergas e, #ante a posibilidade de que quedasen sós nos PACS asignados, a Conselleria garantiunos que en ningún caso o MIR quedará só e sempre estará acompañado por un médico titor ou colaborador titor.

Unha vez alcanzado este compromiso, agradecemos que en caso de incumprimento desta directriz e se algún residente queda só no PAC, notifíqueno ao Colexio Médico.