O CONSELLO XERAL INTERPÓN RECURSO DE ALZADA Á RESOLUCIÓN POLA QUE SE VALIDAN As GUÍAS PARA INDICACIÓN, USO E AUTORIZACIÓN DE DISPENSACIÓN DE MEDICAMENTOS SUXEITOS A PRESCRICIÓN MÉDICA POR PARTE DO PERSOAL DE ENFERMERÍA

O Consello Xeral de Médicos recorreu en alzada ante a Secretaria de Estado de Sanidade, as últimas guías para a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos
suxeitos a prescrición médica por parte de enfermería, aprobadas por Sanidade.

A corporación entende que a redacción das guías pode provocar un problema de invasión de competencias no desenvolvemento destas por parte das diferentes Comunidades Autónomas. Neste sentido, o recurso de alzada persegue garantir a máxima seguridade do paciente, obxectivo prioritario da profesión médica do Consello Xeral de Médicos. A administración dispón de 3 meses para resolver o recurso de alzada.

Unha vez que se resolva o recurso de alzada, ben de maneira expresa ou por silencio administrativo, valorarase o inicio da vía xudicial.

RESOLUCIÓN DO 30 DE XUÑO DE 2022, DA DIRECCIÓN XERAL DE SAÚDE PÚBLICA.

RECURSO DE ALZADA DO CONSELLO XERAL DE COLEXIOS DE MÉDICOS