CONVOCATORIA V CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

O Colexio Oficial de Médicos da Coruña organiza o V Concurso de Postais Do Nadal destinado a fillos e netos de colexiados e persoal da institución, co fin de ser a imaxe coa que se felicite a colexiados, provedores, e a todas aquelas persoas e institucións relacionadas co COMC.

DESTINATARIOS

Poderán participar neste concurso todos os fillos e netos de médicos colexiados na provincia da Coruña e do persoal do COMC que teñan entre 4 e 12 anos.

MODALIDADE DOS TRABALLOS

Motivo: os debuxos que se presenten deberán estar relacionados co Nadal.
Tamaño: A4
Técnica: A técnica e os materiais de libre elección polo participante.

CATEGORÍAS

Concederanse tres premios para as seguintes categorías:

De 4 a 6 anos
De 7 a 9 anos
De 10 a 12 anos

PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS E DATA DE ENTREGA

Cada participante só poderá presentar un traballo.

Todos os traballos terán que ir acompañados coa ficha de inscrición ao concurso cumprimentada, que se adxunta a estas bases.

Os debuxos que opten ao concurso enviaranse escaneados ao correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e no asunto ten que figurar “CONCURSO POSTAL NADAL 2022”.

A data límite para a recepción dos traballos será o 12 de decembro de 2022.

PREMIOS

Os debuxos premiados recibirán un diploma e un obsequio. Entre eles elixirase o traballo que será a felicitación do Nadal institucional que o Colexio Oficial de Médicos da Coruña enviará aos seus colaboradores, entidades, e institucións públicas e privadas.

XURADO

O xurado cualificador do certame está composto por diferentes membros da Xunta de Goberno.
Os premiados serán informados por vía telefónica ou correo electrónico.

CESIÓN DE PROPIEDADE E DEREITOS

O Colexio Oficial de Médicos da Coruña reservarase todos os dereitos de propiedade e de uso dos debuxos premiados. Todos os participantes garantirán a veracidade da autoría das postais enviadas.

ACEPTACIÓN

A participación neste concurso implica a aceptación íntegra do recolleito nas presentes bases.

PROTECCIÓN DATOS PERSOAIS

Os datos recolleitos a través do formulario de participación, serán tratados de conformidade coas bases do concurso, non cedéndose ou comunicándose os mesmos a terceiros.

FORMULARIO INSCRICIÓN